Outro curso que se remata e é momento de agradecementos e de saber recoñecer a entrega e o traballo diario d@s Mestr@s no día a día co seu alumnado e as respectivas familias, así como o persoal de servizos do centro. 🤗🤗🤗
Gracias pola xornada de final de curso do pasado venres, onde grandes e pequenos disfrutamos moitísimo coas actuacións da velada. 🎉🎉🎉
Parabéns a tod@s polo traballo e implicación, no baile, nos decorados, nos detalles e a nosa mención especial a Anxo que se entregou a fondo con todo o alumnado facendo unha velada chea de ilusión e onde nos somerxemos no mundo máxico de Disney. As familias dámosvos as gracias de corazón por deixarnos ser partícipes das vosas actuacións. 👏👏👏
E como non que bonitas as despedidas de etapa, as tan ansiadas graduacións facendo mención en primeiro lugar, ao alumnado de Infantil 🧒👧🥰 que se graduaba e dá o paso a Primaria e que tantas gañas tiñan de deixar o seu mandilón azul.
En segundo lugar, por suposto, aos nosos maiores de 6º de EP👩👦 🥰que deixan un gran baleiro no colexio para seguir formándose no Instituto. A todos vós, desexámosvos moito éxitos e que manteñades esa unión que xuntos forxastes durante estes anos, con eses grandes valores, pois sodes unha promoción que destaca polo compañeirismo e respecto entre vós.
Parabéns rapazada!!! Sempre no noso corazón. 💕💕💕
Non podemos tamén deixar de agradecer a todos os profesores das extraescolares polo seu bo facer e traballo durante as clases despois do comedor. Gracias por formar parte da nosa familia e enriquecer de coñecementos @s nos@s fill@s. 🤗🤗👏👏
Vémonos o curso que vén! ☺☺☺
Feliz verán! ⛱⛱⛱