No noso compromiso coa conciliación familiar, ofrecemos o Servizo de Madrugadores no noso centro escolar desde novembro. Este servizo está deseñado para axudar ás familias a xestionar as súas mañás, garantindo un ambiente seguro e acolledor para os nosos estudantes.
O Servizo de Madrugadores está dispoñible dende as 8 da mañá ata as 9 da mañá. Durante este tempo, os nosos profesionais cualificados estarán aquí para supervisar e interactuar cos nenos e nenas, proporcionándolles un inicio de día tranquilo e agradable.
Para aquellos que desexen utilizar o servizo en días soltos, é importante comunicarse coa nosa encargada, Raquel. Ela está á disposición para responder a todas as túas preguntas e coordinar as necesidades específicas do servizo. Podes contactar con Raquel no seguinte número de teléfono: 649 07 98 30.
Co Servizo de Madrugadores, cremos nunha experiencia matutina enriquecedora para os nosos estudantes, onde poden socializar, participar en actividades divertidas e comezar o día cunha enerxía positiva.
O Colexio Juan Rey garante a conciliación: O Servizo de Madrugadores continúa un curso máis!
O Colexio Juan Rey de Lourenzá está un ano máis ao carón das familias. Temos o pracer de confirmar que o Servizo de Madrugadores manterase dispoñible para todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria.
Este servizo esencial para a conciliación familiar e laboral volve a ser unha realidade grazas a unha xestión conxunta:
Fonte de financiamento: Subvención enmarcada no Plan Corresponsable.
Xestión: Grazas á dilixente labor da ANPA do centro.
Detalles do Servizo:
Dirixido a: Alumnado de Infantil e Primaria.
Horario: De luns a venres, de 8:00 a 9:00 horas.
Lugar: Nas instalacións do propio centro educativo.
Deste xeito, as familias poderán seguir contando con este espazo seguro e de atención temperá, que un ano máis demostra ser un dos servizos máis solicitados.
Un ano máis o servizo de madrugadores funciona durante o curso 2024, e tentaremos que siga funcionando grazas a Subvención de Corresponsales que solicitamos dende hai tres cursos académicos.
Un servizo que favorece a conciliación familiar e que seguen demandando as nosas familias. O servizo ten lugar no CEIP Juan Rey de 8 á 9 da mañá de luns a venres baixo o coidado dunha monitora especializada.